O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña organiza o Foro "A Educación en tempos de pandemia", un evento presencial e virtual pensado para chegar a todas aquelas persoas interesadas en coñecer como se está artellando a vida escolar neste momento tan excepcional como é unha pandemia. Este espazo está pensado para que as familias, a comunidade educativa e a sanitaria atopen respostas aos retos que a situación derivada da COVID-19 está a xerar en torno á educación das nenas e nenos.

 

O obxectivo principal deste encontro é analizar como se está a desenvolver a educación na situación de pandemia, xerando un espazo onde dar respostas e solucións a todos aqueles problemas que están a evidenciarse ao longo destes meses. Ademais, búscase crear un entorno de reflexión e debate co foco posto no desenvolvemento do labor informativo e divulgativo de boas prácticas académicas e sanitarias.

 

Este evento é un dos primeiros en reunir na mesma mesa de debate a representantes de todos os axentes implicados no proceso educativo e sanitario, participando e interactuando co público asistente, que poderá formular preguntas e facer achegas con independencia de que a súa asistencia sexa presencial ou virtual.

BENVIDA E PRESENTACIÓN

11.00 h

 

Presentación institucional.

DEBATE

11.15 - 12.45 h

Moderado e presentado pola xornalista Loreto Silvoso.

 

Intervirán:
Rafael Rodríguez Martín, mestre, director do CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro de Cerceda e presidente da Asociación Provincial de Equipos Directivos de CEIP da Provincia da Coruña.

 

Dolores Blanco Sanguiñedo, presidenta da Federación Provincial das ANPA de centros públicos da Coruña.

 

Ignacio Ramil Freán, médico especialista en medicina interna no Servizo de Urxencias do CHUAC.

 

Juan Gestal Otero, catedrático emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC.

 

Preguntas das persoas asistentes.

CONCLUSIÓNS E PECHE

12.45 - 13.00 h








      Acepto as condicións sobre protección de datos.